Mércores, Maio 6, 2026
HomeNewsActualidadeDetido un veciño de Salvaterra de Miño por suposto delito de agresión

Detido un veciño de Salvaterra de Miño por suposto delito de agresión

Detido un veciño de Salvaterra de Miño a causa dun suposto delito de agresión á súa parella, tras ser denunciado pola mesma.

Segundo informou a Garda Civil, na noite do venres para o sábado foi detido o home, de 39 anos de idade, na localidade de Salvaterra de Miño.

Tal e como relatou a fonte, o venres 30a muller atopábase presentando unha denuncia ante a Garda Civil, acompañada dun parte de lesións, cando a súa parella comezou a enviarlle mensaxes e vídeos nos que aparecía de forma moi alterada, rompendo mobles da vivenda, e incluso orixinando unha pequena fogata.

A Garda Civil desprazouse neses intres ao lugar, procedendo á súa detención. O home, que presentaba lesións leves, foi trasladado ao hospital. Nestes momentos, o detido continúa ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro, á espera do alta para pasar a disposición xudicial.

Outra intervención en Salvaterra de Miño

Este domingo, tivo lugar outra intervención no municipio pontevedrés, nesta ocasión a causa dun auxilio sanitario dunha persoa enferma.

A persoa caira dentro da súa vivenda e non era capaz de levantarse, polo que foi preciso a intervención da Garda Civil, o equipo de Bombeiros de Ponteareas e Urxencias Sanitarias – 061.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS