A Xunta activa para hoxe luns a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e de Pontevedra, e polo tanto suspéndese a actividade deportiva no mar, tanto do programa Xogade como federada, nos concellos afectados.
Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.
Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, o Goberno galego informou da situación, entre outros, aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos.

