Mércores, Maio 6, 2026
HomeO PaísA CoruñaA Xunta activa para hoxe luns a alerta laranxa por temporal costeiro...

A Xunta activa para hoxe luns a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e de Pontevedra

Suspéndese a actividade deportiva no mar, tanto do programa Xogade como federada, nos concellos afectados

A Xunta activa para hoxe luns a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e de Pontevedra, e polo tanto suspéndese a actividade deportiva no mar, tanto do programa Xogade como federada, nos concellos afectados.

Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, o Goberno galego informou da situación, entre outros, aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS