Mércores, Xaneiro 28, 2026
HomeNewsActualidadeJosé Luis Ábalos renuncia ao seu escano no Congreso

José Luis Ábalos renuncia ao seu escano no Congreso

O exdirixente socialista e exministro de Transportes José Luis Ábalos vén de presentar ante a Mesa do Congreso a súa renuncia á acta de deputado por Valencia, segundo informou o propio Ábalos a través das súas redes sociais.

Nunha mensaxe publicada en X, afirma que, tras rexeitar o Tribunal Supremo o seu recurso de apelación e manterlle en prisión, decidiu deixar o escano na Cámara Baixa, onde foi deputado durante sete lexislaturas.

Segundo relata, aínda foi privado dos seus dereitos e deberes como deputado, sempre “defendeu que tiña que prevalecer o dereito de representación e a inmunidade parlamentaria“, pero na súa actual situación procesual considera que “non pode continuar no escano”, polo que se centrará en exercitar o seu “dereito de defensa e o amparo” da súa inocencia.

A maiores, Ábalos dá as grazas aos valencianos que lle permitiron “servir o pobo español” e asegura queo seu obxectivo foi sempre “fortalecer a xustiza social, a liberdade, a igualdade e o pluralismo” como valores fundamentos dun Estado social e democrático de Dereito.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS