Luns, Xaneiro 26, 2026
HomeNewsActualidadeMos continúa o ciclo "Vivindo as parroquias" con reunións en Cela, Louredo...

Mos continúa o ciclo “Vivindo as parroquias” con reunións en Cela, Louredo e Dornelas

O Concello de Mos continúa durante esta semana co desenvolvemento do programa “Vivindo as parroquias”, unha iniciativa de encontros coa veciñanza que aposta polo diálogo directo, a proximidade e a participación cidadá como eixes da acción municipal.

Tralas as reunións celebradas xa en Mos, Torroso, Pereiras e Petelos, o calendario continúa agora con novos encontros en Cela, Louredo e Dornelas, nos que o goberno local manterá un contacto directo coa veciñanza para escoitar propostas, atender inquedanzas e informar sobre os proxectos xa realizados e as actuacións previstas.

As próximas reunións celebraranse segundo o seguinte calendario:

  • Cela – luns, 26 de xaneiro, ás 19:00 horas, en Celado.
  • Louredo – mércores, 28 de xaneiro, ás 19:00 horas, no Local Social da
    Comunidade de Montes de Louredo.
  • Dornelas – xoves, 29 de xaneiro, ás 19:00 horas, no Local Social Veciñal.

Arévalo subliñou que “este programa chegará a tódalas parroquias do municipio, reafirmando unha xestión próxima, transparente e centrada nas persoas”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS