Renfe suspende este luns o servizo ferroviario entre Ourense e Santiago pola rede convencional e entre Ourense e Vigo-Guixar debido ás condicións metereolóxicas adversdiad derivadas da borrasca Joseph. Unha borrasca que deixa na comunidade galega choivas intensas e un risco elevado de inundacións en boa parte de Galicia. Do mesmo xeito, tamén permanece cancelada a liña de ancho Ferrol-Oviedo polo mesmo motivo.
Alerta vermella
A operadora xa advirtira, durante a xoranda do domingo, sobre posibles afectacións no tráfico ferroviario tras os avisos emitios pola Axencia Estatal de Metereoloxía (AEMET). Agora, Renfe habilitou cambios e cancelacións gratuítas para todos os trens comerciais e de servizo público que circulen con orixe ou destino Galicia.
Pola súa banda, funcionan con normalidade os trens de media distancia que saen de Vigo-Urzáiz e que fan a ruta entre Urzáiz-Santiago-A Coruña.
Cómpre lembrar que a provincia de Pontevedra atópase en situación de alerta vermella. De feito, a Xunta enviou mensaxes Es-Alert á poboación e decidiu suspender as claes en 16 concellos ante a previsión de ata 120 litros por metro cadrado en só 12 horas.

