miércoles, enero 14, 2026
InicioNewsActualidadeDetidas cinco persoas tras localizar un cargamento de 200 quilos de cocaína...

Detidas cinco persoas tras localizar un cargamento de 200 quilos de cocaína no Porto de Vigo

A Policía detivo a cinco persoas tras localizar nun contedor no Porto de Vigo un cargamento con 200 quilos de cocaína. A carga foi atopada nun buque que arribou no Porto de Vigo.

Tres dos detidos son persoas de nacionalidade albanesa e estarían relacionados co achado desa partida de cocaína, que chegou nun buque portacontenedores á terminal viguesa este luns. O barco viaxaba dende América do Sur na chamada «ruta da froita».

Tanto a Policía como o Servizo de Vixilancia Aduaneira mantiñan sospeitas de que existise cargamento ilícito no buque, e estaban pendentes da chegada do mesmo. A investagación está sendo coordinada agora polo xulgado de instrución 8 de Vigo.

Ademais, segundo informan fontes cercanas ao caso, polo menos unha das persoas detidas ata agora estaría relacionada co alixo intervido en xaneiro de 2025, cando a Policía frustrou a entrada de 1.250 quilos de cocaína, vinculados coa mafia albanesa.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS