sábado, enero 10, 2026
InicioNewsO Ministerio realiza obras nos túneles da AP-9 na provincia da Coruña...

O Ministerio realiza obras nos túneles da AP-9 na provincia da Coruña e Pontevedra: Estes son os cortes de tráfico

O Ministerio de Transportes, antes Fomento, que dirixe o socialista Óscar Puente, vén de anunciar, a través dun comunicado que o ente continuará «executando as obras de modernización dos túneles da autovía AP-9 de Montecelo, Campolongo, Pedra do Couto e Sartego, na provincia da Coruña, e A Madroa, Candeán e Teis, na provincia de Pontevedra». Este proxecto conta cun orzamento de 32,29 millóns de euros (IVE incluído) financiado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).

No desenvolvemento destes traballos vai proceder á escavación das galerías de interconexión para saídas de emerxencia nos túneles de Pedra do Couto, situados no km 22 da AP-9F. É por isto que «en aras de garantir a seguridade dos traballadores e usuarios, a partir do luns 12 de xaneiro ás 8:00 horas producirase o peche alternativo de cada un dos tubos do túnel».

Do mesmo xeito, o Ministerio de Transportes indica que «para asegurar a fluidez do tráfico durante esta afectación, manterase operativo o outro tubo con circulación bidireccional». En todo caso, os cortes terán unha duración estimada de 3 meses.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS