sábado, enero 10, 2026
InicioNewsO PaísLosada pide á Xunta que "non oculte o financiamento do Goberno de...

Losada pide á Xunta que «non oculte o financiamento do Goberno de España na vivenda pública» en Galicia

O subdelegado do Goberno, Abel Losada, vén de enviar unha carta á conselleira de Vivenda, María Allegue, ao entender que «a Consellería oculta sistematicamente o financiamento do Goberno de España en varias promocións de vivenda pública en marcha e situadas na provincia de Pontevedra».

Losada reclama que, diante do anuncio de novas visitas institucionais aos bloques de 74 vivendas no municipio pontevedrés de Valdecorvos , se lle convide a participar en representación do Goberno de España, así como «ao resto de promocións de vivenda pública desta provincia que conten con fondos estatais». Ademais advirte que non vale a «excusa de que se trata de fondos europeos, pois os fondos europeos tamén engrosan os Orzamentos autonómicos».

Neste contexto, o subdelegado apunta que «o Goberno de España está a achegar un total de 18.061.970 euros nun total de 11 edificios en execución nestes momentos na provincia e cun total de 391 vivendas» e detalla que as obras en marcha son «a consecuencia dos acordos asiandos coa Xunta de Galicia e co Concello de Vigo».

Obras de promoción pública en marcha con fondos estatais:

  • Valdecorvos (Pontevedra), con 74 vivendas: 3.786.000 euros de fondos estatais.
  • San Eleuterio-Tameiga (Mos), con 20 vivendas: 991.000 euros.
  • Obispo Castañón (Tui), con 3 vivendas: 150.000 euros.
  • Parcela M-IVA-10 de San Paio de Navia (Vigo) con 39 vivendas: 1.864.962 euros.
  • Parcela M-IVB-21 de San Paio de Navia (Vigo) para 40 vivendas: 1.883.526 euros.
  • Parcela M-IVA-7 de San Paio de Navia (Vigo) para 18 vivendas: 900.000 euros.
  • Parcela M-IVA-8 de San Paio de Navia (Vigo) para 42 vivendas: 2.068.500 euros.
  • Parcela M-IVA-9 de San Paio de Navia (Vigo) para 18 viviendas: 900.000 euros.
  • Parcela M-IVB-25 de San Paio de Navia (Vigo) para 50 viviendas: 2.490.000 euros
  • Esturáns (Vigo), para 27 vivendas: 1.840.000 euros.
  • Parcela M-IVB-20 y 21 de San Paio de Navia (Vigo) para 37 vivendas: 1.840.000 euros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS