A forza das mulleres palestinas chega ao municipio de Allariz. E é que este luns 10 de novembro ás 19:30 horas o Fogar dos Maiores de Allariz acollerá o encontro “Visita ao Norte. A voz resiliente das mulleres palestinas”, unha actividade organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade coa colaboración do Concello de Allariz, membro da entidade dende hai moitos anos.
Podes escoitar a entrevista con Carmen Novas, técnica do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, aquí:

