O Consello de Ministros aprobará este martes a ampliación do permiso por nacemento de 19 a 20 semanas para cada proxenitor, 34 semanas no caso de familias monoparentais, “intransferibles e pagas ao 100 %”.
Así o veñen de anunciar nas súas redes sociais o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, quen afirman que “cumprese así co compromiso recollido no acordo de Goberno de coalición”.
“Cumprimos co compromiso de alcanzar as 20 semanas no permiso de nacemento e coidado. 20 semanas para que pais e nais coiden dos seus bebés e gocen dos momentos que fan grande a vida en familia” avanzou Sánchez, nunha mensaxe na rede social X.
Pola súa vanza, Díaz explicou que estas semanas serán intransferibles e pagadas ao 100% e destacou que “no 2018 as nais tiñan 16 semanas e os pais, 5. Hoxe, ambos terán o mesmo tempo porque criar é cousa de dous”, alegou na súa conta de Bluesky.
Na mesma, a ministra apuntou que para as familias monoparentais terán 34 semanas porque “unha nai soa non pode ter menos tempo para coidar que unha parexa” e avanzou que “unha parte do permiso se poderá gardar ata que o neno cumpla 8 anos”.
Por outra banda, a ministra destacou que se trata dunha medida de “igualdade” xa que “durante décadas, ter un fillo costoulle á carreira ás mulleres”. “As preguntas en entrevistas, os ascensos que non chegan. Cando os dous proxenitores van a casa ao mesmo tempo, acabáronse as excusas. A igualdade tamén se constrúe con semanas”.

