Sábado, Maio 9, 2026
HomeNewsActualidadeRibadavia estará iluminada este Nadal cun millón de luces led

Ribadavia estará iluminada este Nadal cun millón de luces led

O Concello de Ribadavia comezou xa cos traballos do decorado de Nadal co fin de atraer aos miles de visitantes que o ano anterior se achegaron á vila nestas datas debido á campaña de Ferrero Rocher.

A vila ourensá resultou gañadora do Premio Ferrero Rocher, logo de gañar o concurso “Juntos Brillamos Más”. Un galardón que encheu o municipio de turistas que se achegaban a gozar do decorado.

Así, coa intención de aproveitar o pulo, o Concello de Ribadavia vén de anunciar a colocación de cerca dun millón de luces led así como de que a iluminación será ampliada ás rúas Martiño e Yáñez. A maiores, dende o goberno municipal resaltan que “se reforzará a iluminaria no Castelo dos Sarmiento”.

Queremos seguir mostrando ao mundo o mellor de Ribadavia: unha vila viva, con historia, cun patrimonio único e cunha comunidade que contribúe cada ano para crear algo realmente especial” apuntaba o alcalde, César Fernández.

O acendido oficial das luces será o 29 de novembro e contará coa actuación musical do grupo galego Broken Peach.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS