Mércores, Abril 29, 2026
HomeNewsActualidadeO teatro volve a Mondariz este sábado coa obra "De algo hai...

O teatro volve a Mondariz este sábado coa obra “De algo hai que morrer”

O vindeiro sábado 11 de outubro, o Auditorio Municipal de Mondariz acolle a representación teatral “De algo hai que morrer”, da compañía galega Malasombra Producións. A sesión dará comezo ás 22 horas.

O espectáculo promete “facer rir e, por veces, chorar da risa” ao tempo que emprega o humor para reflexionar con retranca sobre o tema da morte.

A obra versa sobre “dous científicos tan brillantes como peculiares, o profesor Jeckill e o profesor Hyde, que respostan con moita sorna algunha das grandes preguntas da humanidade como: Que pasa cando morremos?, Hai túnel?, Hai luz? Hai lista de agarda? ou Que teñen en común, Carrero Blanco, John Lennon ou Paquirri?”.

A entrada será de balde ata completar aforo. A función está dirixida a un público adulto, sendo a obra recomendada para maiores de 14 anos.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS