O cadáver dunha persoa apareceu esta mañá nun regato na parroquia de Pereiras, en Mos. Foi un familiar seu quen deu a voz de alarma.
A Garda Civil investiga as circunstancias desta morte, ocorrida no camiño do Agro, na parroquia de Pereiras.
Os servizos sanitarios desprazáronse rapidamente até o lugar ao redor das 9.45 horas, despois da chamada dun familiar.
Só puideron confirmar o falecemento da persoa que estaba nun regato.
Ademais do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Garda Civil, que acudiron ao lugar, tamén se informou ao Servizo Municipal de Emerxencias e ao GES de Mos, á Policía Local e aos Bombeiros do Porriño por se fose necesaria a súa intervención.
Unha vez no punto a bordo dunha ambulancia medicalizada, os servizos sanitarios confirmaron o falecemento da persoa.
As forzas da orde traballan para aclarar as circunstancias do suceso.