jueves, mayo 16, 2024
InicioComarcasLouriñaLocalizado un cadáver nun regato en Mos

Localizado un cadáver nun regato en Mos

O cadáver dunha persoa apareceu esta mañá nun regato na parroquia de Pereiras, en Mos. Foi un familiar seu quen deu a voz de alarma.

 A Garda Civil investiga as circunstancias desta morte, ocorrida no camiño do Agro, na parroquia de Pereiras.

Os servizos sanitarios desprazáronse rapidamente até o lugar ao redor das 9.45  horas, despois da chamada dun familiar.

Só puideron confirmar o falecemento da persoa que estaba nun regato.

Ademais do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Garda Civil, que acudiron ao lugar, tamén se informou ao Servizo Municipal de Emerxencias e ao GES de Mos, á Policía Local e aos Bombeiros do Porriño por se fose necesaria a súa intervención.

Unha vez no punto a bordo dunha ambulancia medicalizada, os servizos sanitarios confirmaron o falecemento da persoa.

As forzas da orde traballan para aclarar as circunstancias do suceso.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES