Entrevista cun dos voceiros da plataorma, Jose Luis Campos.
“Non hai ningún tipo de resposta por parte do Ministerio en canto de que vai sair a licitación do proxecto de mellora da seguridade viaria da N-120 ao seu paso por Ponteareas”. Así o di o voceiro da plataforma Jose Luis Campos en Si Radio onde apunta que “esperamos polo menos que exista un compromiso por escrito para que sea xa unha realidade”.
Así, a plataforma Nacional 120 de Ponteareas advirte ao Ministerio de Transportes Mobiliade e Axenda Urbana de que se nas vindeiras datas non hai ningún anuncion do proxecto de reforma da estrada, volverán sair a protestar e, literalmente, “tomar todas as medidas necesarias”.
Escoita a entrevista completa, aquí:

