A empresa Óbolo, que ten a concesión do Servizo de Axuda no Fogar en Ponteareas, vén de sancionar ás traballadoras que só fan «o esencial» durante a súa folga indefinida. Así o explica nos micrófonos de Si Radio, Digna Cardoso, unha das traballadoras afectadas:
Pola súa banda, o concelleiro de Facenda, Francisco Jesús Represas, explica que «é deber do Concello velar porque se cumpran os servizos mínimos»
As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Ponteareas levan en folga indefinida desde o 26 de setembro. Reclaman que a empresa concesionaria «quede fóra».