Baiona celebra o vindeiro mércores 1 de outubro o Día das Persoas Maiores da man do Centro de Día de Baiona.
A xornada comezará cunha camiñada ás 11:30 horas dende a Carabela Pinta ata a Praza do Concello, onde se procederá á lectura do manifesto do día co obxectivo de dar visibilidade e empoderar as voces das persoas maiores para un futuro inclusivo.
Baixo o lema «Faite oír!«, a campaña pretende celebrar «a importancia, a experiencia e a forza das persoas maiores do municipio», aseguran dende o goberno local.
Para máis información, está dispoñible o número de teléfono 986 358 455 ou presencialmente no Centro de Día de Baiona.
