miércoles, septiembre 24, 2025
InicioNewsActualidadeXornada de portas abertas este domingo no Museo da Ciencia do Viño...

Xornada de portas abertas este domingo no Museo da Ciencia do Viño de Salvaterra

O domingo 28 de setembro, con motivo do Día Internacional dos Museos, o Concello de Salvaterra de Miño organiza unha xornada de portas abertas no Museo da Ciencia do Viño.

O museo, un espazo de divulgación da viticultura e enoloxía a través de actividades interativas e didácticas, abrirá este domingo en horario de 11 a 13 horas e de 17 a 19 horas. O edificio está situado no recinto amurallado do municipio.

A visita realizarase por grupos, sendo imprescindible a reserva previa a través do seguinte formulario. A duración estimada da visita é de 1 hora, incluíndo unha introdución inicial de 15 minutos a cargo dunha guía oficial.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS