viernes, julio 25, 2025
InicioNewsActualidadeCarla Lourdes e Caamaño&Ameixeiras entre os concertos do Terrasón en Valdeorras

Carla Lourdes e Caamaño&Ameixeiras entre os concertos do Terrasón en Valdeorras

Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia regresan esta fin de semana de novo ao Barco de Valdeorras, dándolle cobertura a unha nova edición do ciclo de concertos Terrasón. Do 1 de agosto ao 14 de setembro, a música encherá espazos característicos da vila ourensá como a Praza Maior, o Paseo do Malecón, a Praza de Viloira ou San Roque, entre outras localizacións.

O ciclo Terrasón naceu en 2020 co desexo de achegar bandas emerxentes e talento galego a zonas con locais de hostalería co fin de dinamizar turística e culturalmente o Barco de Valdeorras. Neste 2025, o ciclo contará cos directos espallados nas noites de verán– de artistas e bandas como Carla Lourdes, Ángela González, The Black Wings, Seika, Notazul, El Patio de Leni, Claudio & The Roosters, Los Brazos, Sr. Jingles e Caamaño&Ameixeiras.

Os xéneros musicais que este ano presenta o Terrasón son ricos e variados: do pop pegadizo ao máis reflexivo e sentimental; do pop-rock dos anos 80 e 90 a blues, o country e o rockabilly; do metal ao hard rock; do jazz á música tradicional galega con tintes contemporáneos.

Trátase dun dos eventos máis singulares da súa contorna, cunha oferta que se estende no tempo e que permite ao público gozar da música e da cociña locais dotando á localidade dunha atractiva oferta de ocio e turística.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS