O barrio de Coia da cidade olívica acollerá o vindeiro mércores 6 de agosto a proposta musical de Los 40 Summer Life 2025, a cal será a última data da xira de concertos tras o seu paso por outras 21 cidades.
En concreto, os artistas que actuarán en Vigo durante esa xornada serán: Naiara, Paul Thin, La Beba, Pikete, Lemot, Vicco, Paula Koops, Ruslana y Walls. O DJ set será a cargo de David Álvarez.
Segundo informou o alcalde da cidade, Abel Caballero, as actuacións darán comezo ás 21:30 horas e serán de caracter gratuíto na contorna da Praza Prudencio Rodríguez de Coia.