O Concello de Arbo vén de publicar as bases de participación dirixidas aos profesionais que desexen participar na Feira de Artesanía, Antigüidade e Producto da Zona da XXX Festa da Lamprea Seca. A festa terá lugar na Carballeira de Turbela os días 8, 9 e 10 de agosto de 2025.
O prazo para a presentación de solciitudes estará aberto ata o vindeiro 25 de xullo e todas as persoas interesadas en instalar un posto deben cubrir a solicitude e entregala nas dependencias municipais. O documento de solicite está pispoñible na páxina web www.festadalamprea.gal, nas oficinas municipais ou na sede electrónica do Concello de Arbo.
Na inscrición deberán especificar o tipo de producto a expoñer e vender, o nome da asociación, os metros cadrados necesarios para a colocación do posto, o nome comercial e o representante. Só se pode presentar unha solicitude por establecemento e/ou persoa e a súa instalación é gratuíta.
Así, o Concello de Arbo deseñará a configuración dos espazos onde poderán situarse segundo a súa tipoloxía: espazos infantís, casetas, comestibles, novidades, etc. Os espazos serán asignados por orde de chegada.