Unhas cincuenta persoas, entre alumnos de distintas etapas e adultos vixiantes do comedor, do CPI A Cañiza acudiron este xoves a última hora da tarde ao PAC da localidade con síntomas de intoxicación alimentaria, según confirma a Consellería de Educación ao equipo de informativos de Si Radio. Indican, ademais, que «todos os afectados presentan síntomas leves».
Nun primeiro momento apuntaban a que o número das persoas afectadas ascendía ata 70, con todo, desde Educación matizaron que se trata de medio cento as que presentaron estes síntomas.
O incidente tivo luga rno CPI do municipio da Cañiza, na comarca da Paradanta, que conta cun total de 532 usuarios e ususasrias no seu comedor. Delas, 70 tiveron que acudir a urxencias sanitarias por sufrir síntomas compatibles cunha intoxicación alimentaria. Segundo puido saber Si Radio, algúns deles tiveron que ser trasladados ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Os servizos técnicos das consellerías de Educación e Sanidade estiveron en contacto co centro educativo e os servizos sanitarios para coordinar a atención, segundo explican. Neste contexto, activouse o protocolo do Sistema de Alerta Epidemiolóxica de Galicia para estudar a orixe do brote, as causas e os factores que puideron intervir.
De feito, equipos de Inspección de Saúde Pública do Departamento Territorial de Sanidade de Pontevedra xa están a realizar unha inspección no colexio e no comedor.