jueves, mayo 29, 2025
InicioNewsVigo acollerá catro concertos para celebrar o centenario da doazón do Pazo...

Vigo acollerá catro concertos para celebrar o centenario da doazón do Pazo de Castrelos á cidade

Un total de catro citas musicais completarán o novo ciclo de concertos que acollerá este ano a cidade olívica con motivo do centenario da doazón do Pazo á cidade. Os recitais terán lugar durante os domingos do mes de xullo, nos xardíns do Pazo de Castrelos ás 12:30 horas. Ademais, o acceso aos mesmos será libre e gratuíto.

Así, nunha aposta do goberno local pola música feita dende Galicia así como por unha variedade de estilos musicais, durante as catro xornadas actuarán os grupos e artistas Caamaño&Ameixeiras, Carla Lourdes, Antifrágil e Helena Egea.

Os e as artistas foron elexidas a través dunha convocatoria pública realizada polo Concello de Vigo á que se presentaron 59 candidaturas. Desas 59, foron elexidas as catro anteriormente mencionadas.

Datas dos concertos

  • 6 de xullo: Caamaño&Ameixeiras, con música tradicional galega actualizada.
  • 13 de xullo: Carla Lourdes, con estilo pop.
  • 20 de xullo: Antifrágil, con música rock.
  • 27 de xullo: Helena Egea, cunha mistura musical entre o jazz, blues, pop e folk.

Este novo ciclo musical, súmase ás xa tradicionais actuacións no Auditorio de Castrelos no que este ano actuarán:

  • Ana Belén: Sábado 12 de xullo
  • Gente de Zona: Xoves 17 de xullo
  • Trueno: Venres 18 de xullo
  • The Black Keys: Luns 21 de xullo
  • Rozalén: Xoves 24 de xullo
  • Coral Casablanca: Sábado 26 de xullo
  • Vanesa Martín: Xoves 31 de xullo
  • Ópera La Traviata: Venres 1 de agosto
  • Jason Derulo: Venres 8 de agosto
  • Ópera Turandot: Sábado 9 de agosto
  • UB40 (Ali Campbell): Venres 15 de agosto
  • India Martínez: Sábado 16 de agosto
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS