Os veciños e as veciñas de Mos uniranse, de novo, para manifestarse en contra do proxecto do Ministerio de Tansportes para a A52. Ademais, reclamarán a supresión da peaxe da AP9 porque “Mos non se vende”. A protesta terá lugar este venres 16 de maio a partir das 19:00 horas fronte á discoteca Queen.
E é que a comisión de seguimento contra a construción da nova variante da autovía A52, da que tamén forma parte o Concello liderado por Nidia Arévalo, decidiu nunha xunanza convocar esta manifestación “pola supresión da peaxe” e polo “non á nova autovía”.
Nidia Arévalo é a alcaldesa de Mos:


