domingo, junio 29, 2025
InicioNewsComarcasPiña avanza que "comezamos un difícil traballo para intentar normalizar a situación"

Piña avanza que «comezamos un difícil traballo para intentar normalizar a situación»

O alcalde da Cañiza, o socialista Luis Piña, mantivo esta mañá unha xuntanza cos medios de comunicación, na que compareceu acompañado dos edís Rubén Muiños e Eva María Rivas, para informar sobre a situación económica do Concello a data 31 de decembro de 2024, facendo unha comparativa coa «realidade herdada no ano 2019».

Balance negativo

O rexedor da comarca da Paradanta explica que o balance «segue sendo negativo en canto ás obrigas do Concello de pago aos seus proveedores, pero que pasou de 4,3 millóns de euros de débeda en decembro de 2019 a 809.602.46€ ao peche de exercicio en decembro de 2024, nos que están incluídos 635.475,41€ de facturas impagadas ás suministradoras eléctricas correspondentes á 2023 e que actualmente estanse negociando por non estar dacordo coa excesiva facturación emitida«.

“Con esta xuntanza informativa quero responder ás informacións vertidas nas redes sociais por parte da portavoz do PP e explicar a realidade económica do Concello. Unha explicación  e interpretación dos números que gustosamente lle traslado á xefa da oposición porque é importante contrastar á información antes de difundir”, aclarou, en referencia ás informacións fabricadas e manipuladas. O Alcalde tamén lle trasladou á portavoz do PP que “se segue nesta liña, é posible que se atope co precipicio”.

«Ruína económica«

Tal e como Piña explicou aos medios, o ano 2019 rematou cunha débeda de 4.284.509,09€ en facturas impagadas e unha débeda viva (bancaria) de 780.384,60 que en total sumaron 5.064.893,69€.  Por outra banda o Concello tiña unha liquidez en conta de 202.122,87€.

O alcalde indicou que «esta foi a herdanza recibida no 2019, cando se chega á Alcaldía, froito da xestión do anterior goberno que provocou unha situación ruinosa para o Concello ao ter que afrontar o impago de 4.3 millóns de euros en facturas a pequenos proveedores e tamén medianas e grandes empresas, que perderon a confianza no Concello, anulando, en moitas ocasións, as relacións económicas existentes» e aclara que «a partires de este momento comezamos un difícil traballo para intentar normalizar a situación«.

«Como resultado de 5 anos de esforzo fiscal e de recortes chegamos a 31 de decembro de 2024 con 809.602,46€ en facturas pendentes de pago e unha débeda viva ( préstamos + Retencións de Facenda ) de 2.942.720,81€. Ademáis finalizamos o ano con 350.410,86€ de liquidez en contas», continuou o alcalde da Cañiza.

Trátase «dunha situación todavía moi complexa que consigue rebaixar a débeda inicial herdada de 5.064.893,69€ a 3.604.035,27€ en 2024, reducindo un total de 1.460.858,42€». Nos 3.752.323,27€ están incluidos 2.942.720,81€ de préstamos e os 2 Mecanismos de Pago a Proveedores obrigados polo Ministerio de Hacienda para pagar aos Proveedores. Débeda herdada dos anteriores gobernos a excepción de 287.845€  de préstamo que corresponden ao mandato actual para afrontar os gastos da reforma da piscina e da adquisición dos terreos da Citania de “As Grades”.

Frear a curva

Despois de ter analizada a situación económica, «a Gobernanza logrou reducir a débeda en 1.460.858,00€. Cifra que si a dividimos nos 5 anos de xestión, ofrece unha cifra anual de 292.171,60€ de capacidade de reducción»,

A situación herdada a mediados de 2019 forzou ao Concello a realizar unha dura reestruturación da débeda, de cumprimento obrigado no caso dos 2 Mecanismos de Pago a Proveedores iniciados pola Axencia Tributaria para liquidar a débeda ás empresas que ascendía a 2.769.008,52€ e que non tiña sido interceptada antes polo Ministerio de Facenda porque a maioría das facturas non estaban rexistradas na contabilidade.

Cando se dixo en anteriores comunicados que o Concello conseguira reducir a “cero” a débeda cos proveedores, se comunicou tamén que un total de 3.238 facturas (que sumaban 2.769.008,52€) foron pagados con cartos prestados polo Ministerio pero que agora teñen que ser devoltos con cargo ás cantidades asignadas ao Concello pola Participación dos tributos do Estado. O que significa unha reducción do 50%  da nómina mensual recibida do Estado e que teremos que devolver durante 7 anos máis.

A primeira retención foi efectiva na nómina de xullo de 2023 na que se aplicou o 1º Mecanismo e nese mesmo ano, no mes de setembro, comezou a aplicarse o 2º mecanismo que supuso a perda do 50% dos ingresos do Estado. Nese momento 46.099,24€ menos ao mes.

Deberes de facenda

En canto ao plan do Ministerio de Facenda, o alcalde indicou que «o Plan pivotou en tres eixos:

1.- Aumento  da recaudación, mediante a  actualización de impostos e taxas. “Unha realidade difícil para a Gobernanza e que implicou unha subida da fiscalidade que tiveron que asumir todas as veciñas e veciños da Cañiza, aos que quero agradecer neste momento a súa comprensión e colaboración”, comentou o Alcalde.

2.- O compromiso de axuste do gasto. Comeza aquí un período de austeridade.

3.- Reducción da plantilla de traballadores do Concello, non cubrindo os postos do persoal xubilado. Neste capítulo o Alcalde tamén recordou que nestes momentos e dende a seu nomeamento como Deputado no Congreso de España, o Concello tampouco ten que asumir os costes do seu salario. Un total de 53.000€ brutos anuais menos. Tamén fixo referencia á necesidade de nomear a un asesor de confianza política remunerado con 25.000€ anuais.

Ao peche do exercicio de 2024, o Concello debe en facturas 809.602,46€ dos que 635.475,41€ corresponden a facturación por suministro eléctrico que non se abonaron por non estar dacordo cos importes. Unha discrepancia que o Concello está negociando coas comercializadoras e que na actualidade ten abertas dúas vías de resolución: negociado ata chegar a un acordo aceptable polas 2 partes ou vía xudicial a través do Contencioso que xa está aberto e que contempla a posibilidade de que o Xuíz decida quen ten a razón.

Ademáis adeudase outros 120.569,65€ en concepto de gasto propio asumibles dentro do período medio de pago e outros 53.557,40€ correspondentes a subvencións que están pendentes de cobro.

O actual Goberno solicitou un préstamo de 1.475.525,00€, dos que 1.113.808€ destináronse a abordar as obras de reforma de todo o alumeado público do Concello, que se amortizou no 2024, unha vez estiveron executadas as obras e xustificadas e cobradas as subvencións. Nesta cantidade tamén están incluidos 112.467,77€, en concepto de gastos da obra de reforma da piscina e outros 158.000,00€ de adquisición dos terrenos da Citania de “As Grades”. Unha compra patrimonial que permitirá iniciar as prospeccións desta Citania e dar resposta a unha demanda histórica da nosa veciñanza para por en valor este importantísimo activo da Cañiza.

A traves destes MPP púdose estruturar un total de 2.769.008,52€ en facturas pendentes de pago ás empresas dende o ano 2014: un total de 3.238 facturas adeudadas. A través do Primeiro Mecanismo do ano 2022 o Concello declarou á Axencia Tributaria 1.240.415,52€ (un total de 1.149 facturas pendentes) e no ano 2023 un total de 1.528.593,00€ (2.089 facturas).

Investimentos

«Con todo e a pesar das duras condicións económicas, o Concello conseguiu investir 6.559.031€ en obras, facendo unha importante labor de captación de subvencións e axudas en todas as administración públicas, tendo o Concello que aportar únicamente 560.000€. 110.000€/anuais que representa un 8,55% de recursos propios«, comentou o Alcalde facendo referencia a que «a pesares da nefasta situación económica atopada, conseguiuse dar resposta a moitas necesidades e dar solucións a moitos problemas que provocaban que a débeda continuara aumentando como foi o caso da reforma integral do alumeado público».

Unha obra cun investimento de 2.419.516 que permitiu cambiar a totalidade das luminarias deficitarias e cun alto nivel de consumo. Esta inversión financiada con 1.935.612,80 € de fondos europeos do IDAE do Goberno de España, 408.477,60 € de fondos dos Plan Concellos 2020 e 2021 da Deputación de Pontevedra e 75.455,60€ do fondo de compensación medioambiental de 2021 da Xunta de Galicia, posibilitou que no ano 2024 a facturación en concepto de alumeado público baixara de 309.000€ en 2023 a 122.000€ en 2024.

«Non se pode facer máis, optamos a todo o que nos foi posible», afirmou o Alcalde na súa intervención.

«Queda un duro camiño»

Finalmente, o rexedor indicou que «a situación é complicada, non o estamos pasando ben pero ésta é a receta adecuada» e fixo referencia «á importancia de manter o pago aos proveedores ao día porque detrás de cada empresa, están as persoas e as familias».

Recoñeceu ademais que «o Concello xa recuperou o crédito e a confianza dos proveedores. Hoxe temos subministradores porque saben que pagamos. Unha situación que conseguimos revertir nestes anos e coa que nos atopamos ao inicio do primeiro mandato».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS