martes, mayo 13, 2025
InicioNewsActualidadePonteareas amplía o prazo de inscrición para o Programa Xuventude Mentoring na...

Ponteareas amplía o prazo de inscrición para o Programa Xuventude Mentoring na Empresa

O Concello de Ponteareas vén de informar que amplía o prazo de presentación de solicitudes para Programa Xuventude Mentoring na Empresa ata o luns 19 de maio.

O Concello de Ponteareas, único concello galego participante nesta iniciativa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, dará a través deste programa a oportunidade laboral a 12 mozas e mozos inscritos no Sistema nacional de garantía xuvenil.

A alcaldesa, Nava Castro, agradece á Consellería de Cultura, Xuventude e Lingua, este novo apoio que «facilitará as estadías formativas en empresas ou entidades públicas ou privadas, vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia».

O programa diríxese a mozas e mozos de ata 30 anos que se atopen en desemprego e non estean cursando estudos regrados. As persoas interesadas poden obter máis información no CEDEP (Praza Maior, de 09:00 a 14:00 horas); no número de teléfono 986 640 000 ou a través do correo electrónico centroemprendemento@ponteareas.gal

A finalidade deste programa é reforzar a empregabilidade e as habilidades e competencias profesionais das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil (SNGX), non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS