lunes, mayo 5, 2025
InicioNewsActualidadeAlex Martini, Groove Amigos ou Joana River entre os artistas que actuarán...

Alex Martini, Groove Amigos ou Joana River entre os artistas que actuarán no festival gratuíto de Ponteareas

O aparcamento da rúa Sarmiento Rivera, en Ponteareas, acollerá o vindeiro venres 16 de maio a celebración do Festival Bailotea.

O festival, ao igual que en pasadas edicións, será de acceso libre e gratuíto. Polo de agora, a organización vén de desvelar os artistas que formarán parte do cartel desta nova edición.

Así, na véspera de festivo das Letras Galegas 2025 o público poderá desfrutar dos DJs Alex Martini, Groove Amigos, Joana River, DMiron, Muíños, Diego Mei, DJ Vaque con Denis el Remix.

Final DJ do Talento Xove

Ademais, durante a celebración do festival terá lugar a final en directo da categoría de DJ do concurso Talento Xove.

Así, esta modalidade súmase á listaxe das disciplinas do concurso Talento Xove con final en directo. A final de cociña tivo lugar o pasado 25 de abril, a final de danza terá lugar o 10 de maio e a final de música o 23 de maio.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS