domingo, mayo 18, 2025
InicioNewsActualidadeSalceda de Caselas continúa traballando na remodelación da Praza de Abastos

Salceda de Caselas continúa traballando na remodelación da Praza de Abastos

O equipo de goberno de Salceda de Caselas vén de facer pública a concesión da subvención por parte da Xunta de Galicia por un importe de 196.589,04€ dividida en dúas anualidades, que vai permitir acometer a última fase de reforma da Praza de Abastos, con un investimento total de 245.736,30€. A subvención sufragará tamén a elaboración dun estudo de diagnose da situación da praza de abastos que permitirá establecer as pautas a seguir na procura de obter o selo de mercado excelente.

As obras a acometer consistirán fundamentalmente na renovación do pavimento interior da praza, cambiando o terrazo existente por un pavimento industrial con morteiro autonivelante antideslizante que eliminará as filtracións de auga cara a zona inferior que existen na actualidade, mellorando deste xeito a estanqueidade e salubridade do espazo.

Por outra banda, instalarase un ascensor montacargas na parte posterior do edificio, conectando deste xeito a zona de mercado coa zona de aparcadoiro existente na parte traseira.

Tamén o acceso de mercadorías pesadas se pasará a realizar por este montacargas, facilitando deste xeito o servizo ás empresas provedoras, eliminando a carga descarga que ata o de agora se vén facendo pola porta principal do mercado, o que converterá a praza frontal nun espazo libre de vehículos e seguro para as persoas.

Loli Castiñeira indicou que «dende o Concello de Salceda de Caselas búscase aproveitar a situación estratéxica do mercado e potenciar estes espazos como o mellor escaparate do produto galego de calidade, vinculándoos á contorna na que se integran, ao produto local e a valores como a sustentabilidade, a protección do ambiente, a calidade, o trato personalizado e o compromiso coa sociedade».

Así mesmo, Castiñeira recordou que a Praza de Abastos serve na actualidade «como eixo vertebrador e central do comercio de proximidade do Concello. Nos últimos anos, realizáronse importantes investimentos no mercado, tanto nos postos fixos como nas zonas comúns, co obxectivo de mellorar varios aspectos da instalación, completándose a reforma integral coas actuacións que agora se van desenvolver».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS