miércoles, mayo 14, 2025
InicioNewsActualidadeA música e o deporte serán as grandes protagonistas da primeira fin...

A música e o deporte serán as grandes protagonistas da primeira fin de semana de maio nas comarcas

A primeira fin de semana do mes de maio chega cargada de actividades para todos os públicos. Tres días de música, deporte e artesanía para desfrutar na área metropolitana de Vigo e as súas comarcas do 2 ao 4 de maio de 2025.

Venres 2 de maio

Baiona acolle unha exposición de modelismo naval no edificio da Antiga Comandancia.

A mostra está organizada por Amonaga e o Concello de Baiona e estará aberta durante toda a fin de semana en horario de 10:30h a 13:00h e de 16;00h a 19:00h.

Sábado 3 de maio

Unha ruta guiada de pouco máis de 4 quilómetros percorrerá Salvaterra de Miño, con entrada no Museo da Ciencia do Viño e no Espazo Lúdico Termal de Teáns incluída.

É preciso inscrición previa.

Tamén en Salvaterra, terá lugar a Ruta das Bodegas de Arantei.

O prezo é de 20€ e é preciso inscrición previa.

Tomiño acollerá o concerto de Terapia de Grupo, interpretado en lingua de signos.

O concerto dará comezo ás 21:00h no Auditorio de Goián.

O Concello do Rosal xunto a asociación Cravos e Rosas organizan unha mesa redonda denominada «O eterno retorno. Oportunidades e obstáculos para o século XXI«.

O encontro terá lugar en Baixos da Liga de Amigos.

O Porriño, Mos e Ponteareas celebrarán a IX Edición do Challenge As Rías Baixas durante as xornadas do sábado e domingo.

A saída está prevista para as 10:30h do Pazo de Mos.

Covelo acollerá a celebración da Feira de Artesanía e Segunda Man na Praza Mestre Cerviño.

Dará comezo ás 10:00h.

Domingo 4 de maio

Nigrán continúa coa programación de Vermú de Barrio coa actuación do grupo Groovin Folks.

O concerto terá lugar ás 12:30h na Praza do Concello.

Salceda de Caselas acollerá a XII Edición da CorrexSalceda.

A saída da categoría absoluta está prevista para as 10:30h.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS