Venres, Febreiro 6, 2026
HomeNewsO PaísRueda supera os 7.000 avais e avanza o seu "estilo" no PPdeG

Rueda supera os 7.000 avais e avanza o seu “estilo” no PPdeG

Candidatura oficializada. Alfonso Rueda presentou máis de 7.000 avais para formalizar a súa aspiración a presidir o PPdeG. O vicepresidente da Xunta e presidente do PP de Pontevedra adiantou que seguirá o camiño de Feijóo pero porá tamén “o estilo Rueda”.

Alfonso Rueda:

O inminente novo presidente galego, Alfonso Rueda, entregou este xoves máis de 7.000 avais para formalizar a súa candidatura a liderar o PPdeG tras a dimisión de Feijóo, esixida polos estatutos do partido para poder presidir o PP nacional.

Antes de dirixirse ao Consello da Xunta, o último que presidirá Feijóo antes de entrar en funcións, porque dimitirá de inmediato, Rueda levou os seus avais a sede autonómica do partido. A súa será a única candidatura tras recibir o respaldo das catro provincias e os seus dirixentes.

“É unha enorme responsabilidade que tantas persoas nas catro provincias manifesten o seu apoio neste momento”, manifestou Rueda no acto de entrega.

Avanzou que dará continuidade ao traballo feito por Feijóo no partido, pero tamén prevé imprimir o seu propio “estilo Rueda” no día a día e no futuro organigrama.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS