martes, abril 30, 2024
InicioComarcasLouriñaA Xunta ofrece o seu apoio a Distribuciones Pako para que poida...

A Xunta ofrece o seu apoio a Distribuciones Pako para que poida recuperar a súa actividade canto antes

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, acompañado polo alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, visitou as instalacións desta empresa que sufriu o pasado mércores un incendio que afectou á nave central

Francisco Conde:

No encontro, Conde trasladou aos responsables que contan co apoio da Xunta para que poidan recuperar canto antes toda a súa actividade.

O vicepresidente segundo explicou que, neste momento, estase na fase de facer balance dos danos para cuantificar as perdas producidas nesta empresa dedicada á venda e distribución de maquinaria e útiles para sondaxes, minaría e instrumentación que conta con oito empregados.

Tal e como explicou Conde, aínda que agora teñen que tomar parte as aseguradoras, a Xunta de Galicia ponse á súa disposición para ofrecer o asesoramento que precisen. Tamén comprometeu os apoios necesarios para a empresa- mentres non se executen as pólizas de seguro- a través dos préstamos estratéxicos para pemes, cunha bonificación da taxa de interese.

O vicepresidente económico recoñeceu que un suceso así, do que afortunadamente non hai que lamentar danos persoais, vén complicar aínda máis a difícil situación pola que está pasando o tecido empresarial, por mor da crise enerxética e de subministracións. Por iso, expresou o seu desexo de que Distribuciones Pako poida retomar canto antes a súa actividade e minimizar así o máximo posible as perdas.

Durante este encontro, Conde aproveitou tamén para agradecer, en nome da Xunta de Galicia, a rápida actuación dos equipos de extinción, corpos e forzas de seguridade e a coordinación coa que actuaron todas as administracións implicadas

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES