Xoves, Febreiro 5, 2026
HomeNewsActualidadeO Club Natación Ponteareas acada a décima posición no Campionato Galego Infantil...

O Club Natación Ponteareas acada a décima posición no Campionato Galego Infantil de Inverno

O Club Natación Ponteareas cada a 10ª praza na clasificación conxunta durante o Campionato Galego Infantil de Inverno. A competición tivo lugar durante os días 22 e 23 de febreiro na piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur en Pontevedra.

No resultado por sexos, as nadadoras do club pontareán acadaron a séptima clasificación mentres que o equipo masculino quedou no décimo posto. Por outra banda, no eido das medallas, o Club Natación Ponteareas sumou dez en total, tres de ouro, cinco de prata e dous de bronce.

Dende o club, queren “felicitar a todos os nadadores e nadadoras polos excelentes resultados acadados rexistrando mellores marcas persoais nas probas, amosando un nivel de forma envexábel e unha fortaleza mental extraordinaria para seren capaces de manter a concentración e a motivación ao longo de dúas xornadas de competición longas e moi esixentes”.

Ademais, fan especial mención a Bruno Rodríguez, María Quintas, Zaira Vila e Xián Prego “polas primeiras e segundas posicións conseguidas no campionato”

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS