Domingo, Febreiro 22, 2026
HomeNewsO PaísO xuízo polo accidente de Angrois adíase a despois do verán

O xuízo polo accidente de Angrois adíase a despois do verán

Con máis de 600 testemuñas e peritos para citar e logo de máis de 8 anos de instrución, o xuízo polo accidente do tren Alvia en Angrois en 2013 queda posposto a despois do verán. Anunciouno o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), antes non dará tempo.

 O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez e Díaz-Castroverde, avanzou que a celebración do xuízo polo accidente do Tren Alvia en Angrois –no que en 2013 faleceron 80 persoas e máis de 140 resultaron feridas– atrásase “ata despois do verán”.

Así o comunicou este xoves na Coruña, onde se reuniu con xuíces e xuízas dos órganos unipersoais, no marco das roldas de contacto que o presidente mantén anualmente cos membros da carreira xudicial de Galicia “para coñecer de primeira man as súas demandas e propostas”.

O propio Castroverde recoñeceu que el mesmo apostara en diversas ocasións por celebrar o xuízo no primeiro trimestre do ano, pero “dada a complexidade e o número de testemuñas citadas”, non é posible cumprir eses prazos.

Estes prazos, segundo explicou Castroverde, non se cumprirán “sendo realistas”, vista a “complexidade” do caso. “É tremendamente complexo; a instrución durou oito anos por algo. Estamos a falar dun xuízo que terá máis 600 testemuñas e peritos, o que supón un labor inxente administrativa só para citalos”, explicou.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS