O tenente de alcaldesa, Juan Carlos González Carrera, repasa temas da actualidade do Concello de Ponteareas nos micrófonos azuis de Si Radio de Galicia. Explica que “si que consensuamos con profesionais o proxecto da pista de atletismo” e pide “que non se faga política con isto porque se trata dun investimento importante para a localidade”. Ademais, reafírmase en que “o saneamento chegará a todas as parroquias de Ponteareas”.
Podes escoitar a entrevista completa aquí:

