Martes, Febreiro 3, 2026
HomeNewsAsí será a nova biblioteca de Ponteareas con ágora, espazo para obradoiros...

Así será a nova biblioteca de Ponteareas con ágora, espazo para obradoiros e fomento da lectura “in situ”

O Concello de Ponteareas vén de facer público quen é o arquitecto que está detrás do proxecto “No era un sombrero“, o deseño que se fixo co primeiro premio do concurso de ideas que o goberno municipal puxo en marcha co obxectivo de converter a actual Praza de Abastos nunha nova biblioteca municipal “que dea resposta ás necesidade dos veciños e das veciñas”, segundo explicou a edil encargada da área, Silvia Fernández.

Acto de presentación do proxecto gañador para a nova biblioteca municipal/ Anxo Gutiérrez

Trátase de Javier Couto quen explicou no acto de presentación que “quixemos poñer en valor que a nova biblioteca municipal tivera espazos no que se incentivara a lectura in situ“. Ademais, esta infraestructura contará cunha aula de estudo aberta 24 horas os sete días da semana e con espazos para realizar diferentes obradoiros relacionados coa literatura, entre outras temáticas, segundo avanzou a alcaldesa, Nava Castro.

Nesta liña, os veciños e as veciñas de Ponteareas contarán cunha nova biblioteca municipal a dúas alturas. Nelas, construirase “unha ágora cultural, interior, situada entre dous niveles”, tal e como se recolle no proxecto. Indican que “envolverase nunha pel multifuncional adaptable” e que esa doble pel permitirá que “ocurra todo o que ten que ocorrer. Dilátase para acoller o ruido dos nenos e se estreita ata desaparecer para poder ver o parque, vacíase para xerar unha terraza, volve a estirarse para envolver unha área de estudo silenciosa”.

Será “un punto de reunión e debate público, un espazo no que apropiarse para concentrar a vida pública en torno á cultura”. En canto ás dúas alturas, haberá unha grande e principal, “desprazada cara o norte para favorecer a entrada da luz natural do sur” e outra, de escala máis reducida, “como pequeno claustro interior”.

No proxecto recóllese que a “fortaleza da biblioteca é a lectura física, o libro en papel” e se “materializa en la definicio de espazos enfocados a potenciar a lectura in situ”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS