HomeNewsActualidadeO Trail de Arcos visitará sitios emblemáticos como o Castelo de Vilasobroso...

O Trail de Arcos visitará sitios emblemáticos como o Castelo de Vilasobroso e o Castro de Troña

A parroquia ponteareá de Arcos prepara xa unha nova edición do Trail de Arcos – José Teixeira, unha cita que este ano cumple o seu décimo aniversario. A proba, organizada por Caminhantes do Condado, celebrarase o vindeiro 18 de outubro e volverá combinar deporte, natureza e patrimonio a través de diferentes percorridos polos montes da zona.

A xornada contará con tres modalidades de trail, (longo, curto e mini trail) e unha andaina, permitindo a participación de deportistas con diferentes niveis de preparación e experiencia.

O Trail Longo será a modalidade máis esixente, cun percorrido de aproximadamente 26 quilómetros e 1.600 metros de desnivel positivo. O trazado atravesará os montes de A Picaraña, Coto Landín e Villasobroso, pasando por espazos de interese como o Castro de Troña e o Castelo de Sobroso. O tempo máximo para completar a proba será de cinco horas e media.

Pola súa banda, o Trail Curto contará cun percorrido duns 16 quilómetros e 1.050 metros de desnivel positivo, mentres que o Mini Trail terá aproximadamente 11,5 quilómetros e 620 metros de desnivel positivo. Os tempos máximos establecidos pola organización serán de tres horas para o Trail Curto e dúas horas e media para o Mini Trail.

Para aquelas persoas que prefiran unha proposta menos esixente, a organización ofrece tamén unha andaina de aproximadamente 7 quilómetros ata o Castelo de Sobroso, con servizo de autobús para o regreso, aínda

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS