HomeNewsActualidadeD. Valentino encabezará o Louro Valley Festival nas Festas do Cristo do...

D. Valentino encabezará o Louro Valley Festival nas Festas do Cristo do Porriño

D. Valentino será o cabeza de cartel do Louro Valley Festival que regresa o vindeiro 25 de setembro cunha nova edición e converténdose nunha cita fixa e imprescindible dentro do programa das Festas do Cristo.

O gran protagonista da noite será D. Valentino, “un dos artistas máis destacados e con maior proxección da escena urbana nacional” aseguran dende o goberno local. Conta con máis de 1,1 millóns de oíntes mensuais en Spotify e éxitos tan populares como «Why» ou «Prettygyal», o cantante promete facer vibrar ao público porriñés no que será un dos concertos máis agardados das festas.

Nesta nova edición, D. Valentino non estará só sobre o escenario. O festival mantén a súa aposta polo talento dos DJs locais e contará coas actuacións de nomes da casa. Ademais, o festival contará con entrada totalmente gratuita.

“A progamación do Cristo é para todas as idades, pero indudablemente con D.Valentino e co Louro, pensamos no público máis mozo”, explica o alcalde Alejandro Lorenzo, aclarado que nas últimas semanas moita mocidade lle preguntou xa por este concerto pese a que non estaba presentado. 

Concerto inclusivo

O concerto de D Valentino, ao igual que o pregón das festas ou outros grandes concertos programados, contará con intérprete de linguaxe de signos.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS