A sede do PSOE en Ferrol, situada na Casa do Pobo da rúa Carme xunto ao Cantón, foi obxecto dun ataque vandálicou rexistrado este martes. Descoñecidos pintaron en negro a fachada do inmoble con lemas como «traidores, esclavos de Marruecos, antiespañoles». Tras ter coñecemento dos feitos, representantes da formación socialista desprazáronse ata a Comisaría da Policía Nacional de Ferrol-Narón para presentar a pertinente denuncia por este acto de carácter racista e xenófobo.
A secretaria de organización do PSdeG, Lara Méndez, sinalou que o ataque é consecuencia da normalización das mensaxes de odio e da confrontación promovidas pola extrema dereita. Pola súa banda, o secretario xeral dos socialistas ferroláns, Ángel Mato, alertou de que este tipo de condutas agochan un ideario xenófobo e lembrou que a sede xa sufriu agresións similares nun historial que se suma aos rexistrados noutras localidades galegas e estatais en anteriores períodos de tensión política.
Repulsa institucional e sindical
O suceso xerou unha resposta de condena dende diversos ámbitos políticos e sociais da cidade. O Goberno local de Ferrol, encabezado polo PP de Rey Varela, amosou a súa repulsa polos actos vandálicos e cualificou as conductas de intolerables. Na mesma liña, o BNG censurou con rotundidade a deriva racista e os comportamentos intolerables que derivan nisto, mentres que Ferrol en Común pediu unha investigación exhaustiva e a condena unánime da corporación ante actitudes que buscan crispar a convivencia.
Dende o ámbito sindical, a Unión Comarcal de CC.OO. de Ferrol tamén trasladou o seu apoio aos socialistas e fixo un chamamento a illar calquera organización ou grupo que promueva a xenofobia, a homofobia e a criminalización das forzas políticas democráticas nun estado de dereito.

