A corporación municipal de Marín confirmou este venres a identificación oficial dos corpos de Adela Taberneiro, o seu marido Yhosvany Hernández e os seus dous fillos, Ulises e Lía, unha familia de orixe venezolana e veciña do municipio que faleceu como consecuencia do terremoto de La Guaira. A noticia pon fin á incerteza que se mantiña desde o pasado 22 de xuño, data na que se produciu o seísmo e o derrubamento do edificio no que se atopaban mentres pasaban as súas vacacións na localidade venezolana.
Tras coñecerse o trágico desenlace, o Concello trasladou o seu pésame a través dun comunicado oficial no que lembrou o agarimo que a familia tiña na vila, destacando tamén o seu vínculo co Club de Hockey de Marín, que eles mesmos impulsaran. Pola súa banda, a comunidade educativa do colexio A Inmaculada, onde estudaban os nenos, emitiu unha mensaxe de condolencias nas redes sociais para manifestar a profunda dor e o ocos irreparable que deixa a perda destes catro veciños en toda a comunidade.

