HomeNewsActualidadeSalceda acolle unha xornada de música, deporte e convivencia co Penedo Remeber...

Salceda acolle unha xornada de música, deporte e convivencia co Penedo Remeber Fest en Parderrubias

A Área Recreativa Penedo Redondo, situado na parroquia de Parderrubias (Salceda de Caselas), volverá converterse os vindeiros días sábado 8 e domingo 9 de agosto no epicentro do lecer e da música coa celebración do Penedo Remember Fest 2026, un evento que pon unha especial interese en conectar á xuventude e ofrecer unha alternativa de lecer integradora para tódolos públicos.

Organizado pola Asociación de Veciños de Parderrubias en colaboración co Concello de Salceda de Caselas, o Penedo Remember Fest preséntase como dous días “para lembrar”, pensados para revitalizar a vida social e cultural da contorna e ofrecer un punto de encontro interxeneracional.

“Queremos que o Penedo Remember Fest sexa un espazo onde os máis novos se divirtan e fagan comunidade, pero tamén onde as familias e os veciños de toda a vida poidan compartir momentos inesquecibles xuntos”, aseguran dende a organización.

Programación musical e actividades

A oferta do festival combina actuacións musicais en directo con torneos deportivos de longa tradición na zona e propostas gastronómicas:

Durante toda a noite, haberá música en directo e sesións DJ onde soarán “Remember Hits” dos anos 80, 90 e 2000, das mans de DJ Ramón (Eclipse) e Krlos DJ.

Tamén haberá o clásico enfrontamento local no Campionato de Fútbol “Barrios de Arriba vs Barrios de Abaixo”, que contará con categorías tanto masculina como feminina.

O día continuará con competicións populares abertas a todas as idades de campionatos de futbolín e tute; así como xogos tradicionais e campionato de futbolín para nenos e adultos.

A actividade completarase cunha oferta gastronómica con servizo de comida e bebida, así como sorteos e grandes premios ao longo de ambas xornadas.

Inscricións

A organización informa de que xa se atopa aberto o prazo para inscribirse no tradicional Campionato de Fútbol (Barrios de Arriba vs Barrios de Abaixo), así como nos campionatos de Futbolín e Tute. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición de xeito sinxelo a través da páxina https://penedorememberfest.com/inscripciones.html ou ben de xeito presencial nos puntos habilitados: no Bar A Carrasca e no Bar Cultural de Parderrubias.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS