HomeNewsActualidadeUn veciño de Aldán, en Cangas, ingresado grave tras sufrir unha malleira...

Un veciño de Aldán, en Cangas, ingresado grave tras sufrir unha malleira con paus por unha débeda de 30 euros

A Garda Civil e a Policía Local despregáronse na parroquia para socorrer a vítima, que presentaba graves lesións na cabeza, mentres a Policía Xudicial busca aos tres agresores fuxidos

Un veciño da parroquia canguesa de Aldán permanece ingresado no hospital Povisa con graves lesións na cabeza despois de ser vítima dunha violenta agresión a última hora da tarde do luns. Tal e como informaron os corpos de seguridade, o home foi atacado con paus por tres persoas na zona do barrio de O Piñeiro, nun suceso que xerou gran alarma entre os veciños e mobilizou a varias patrullas da Garda Civil e da Policía Local de Cangas ante a chamada de alerta dun testemuño.

Á chegada dos axentes, os presuntos agresores xa fuxiran do lugar e a vítima, de arredor de 60 anos, atopábase na entrada da súa vivenda con abundantes restos de sangue na cara e no cranio. Tras recibir asistencia sanitaria dunha ambulancia do 061, o afectado declarou ante os axentes de xeito consciente que o ataque se orixinou por unha presunta débeda de 30 euros relacionada coa venda de estupefacientes. A Policía Xudicial da Garda Civil mantén aberta unha investigación para localizar aos atacantes —que terían unha idade similar á da vítima e serían veciños do centro de Cangas—, nun operativo que obrigou a cortar temporalmente un carril da estrada de Herbello.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS