Galicia enfróntase a un episodio meteorolóxico inestable que combina avisos por tormentas e un notable incremento térmico. A inestabilidade atmosférica activou este mércores a alerta laranxa por choivas e risco de saraiba no interior da comunidade, obrigando á Comisión Escolar de Alertas a suspender as actividades no exterior dos centros educativos nas zonas de montaña e sur de Lugo, así como na montaña e Valdeorras en Ourense. Esta restrición permanecerá vixente ata a medianoite deste xoves.
Segundo informou MeteoGalicia, a xornada estase vendo marcada por un calor atípico para estas datas, con máximas que xa acadan os 36 graos en puntos de Ourense e os 31 en Santiago. Esta mestura de calor e tormentas con aparato eléctrico deixa un ambiente revuelto que contrasta coa estabilidade propia desta época do ano.
Un verán que se adianta: posible primeira ola de calor
Malia que o tempo cambiante domina esta semana, todas as miradas están postas no domingo. O conxunto do Estado enfróntase a unha masa de aire sahariano que podería disparar os termómetros ata valores inéditos desde 1950. Galicia non será allea a este “zarpazo térmico”: o ascenso das temperaturas comezará o sábado e será especialmente intenso o domingo, con previsións de superar os 36 ou 38 graos en vales interiores, podendo chegar aos 40 no leste da comunidade.
Dende MeteoGalicia advirten que, aínda que é pronto para confirmar oficialmente unha ola de calor, as temperaturas situaranse moi por riba da media habitual, polo que se recomenda prudencia ante o incremento do risco de incendios forestais.
Contraste nas Rías Baixas
A situación será máis moderada na costa atlántica. En Vigo e nas Rías Baixas, o perfil será máis atlántico, caracterizado por mañás húmidas con brumas e néboas no litoral, seguidas de tardes máis abertas. O vento do norte-nordés axudará a suavizar a sensación térmica, mantendo as máximas arredor dos 27 graos.
Para este xoves, a previsión apunta a que Galicia seguirá nunha situación intermedia. As néboas volverán ser densas no litoral durante a mañá, mentres que nas provincias orientais se manterá certa inestabilidade con posibilidade de chubascos tormentosos localizados. A partir de entón, a entrada dunha masa de aire atlántica máis fresca podería dar un lixeiro alivio térmico antes do forte episodio de calor previsto para o fin de semana.

