Parte dun edificio ubicado na avenida de Portugal, en Ourense, tivo que ser desaloxado este mércores tras un accidente laboral no que un traballador inhalou ácido sulfúrico. Debido a este motivo, dúas persoas tiveron que ser evacuadas ao hospital.
Según informou o 112 Galicia, o aviso recibiuse preto das 20:00 horas, cando se alertou de que un traballador precisaba asistencia sanitaria tras verse afectado pola inhalación desta substancia. Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias, Policía Nacional e bombeiros. Os servizos sanitarios atenderon o traballador e trasladárono ao hospital.
Durante a intervención, os bombeiros realizaron medicións no innmoble e detectaron unha acumulación de dióxido de carbono, polo que foi necesario desaloxar parte dos veciños que residen no edificio.
Ademais do traballador afectado, unha segunda persoa tamén tivo que recibir asistencia sanitaria e foi evacuada ao hospital.

