A vila do Porriño volverá encher as súas rúas de ciencia e coñecemento durante esta primeira semana de xuño coa celebración, na praza do Concello e as súas contornas, da III Mostra de Ciencias na Rúa do Porriño ‘Acienciacerta’, unhas xornadas educativas e culturais que se desenvolverán o mércores 3, xoves 4 e venres 5 de xuño.
Organizado polo Concello do Porriño e a Asociación Cultural Acienciacerta, o evento conta este ano co patrocinio de Zendal Group e a Fundación “la Caixa”, ademais da colaboración da Universidade de Vigo, Aguas de Mondariz, AIMEN e CTAG.
Nesta terceira edición, o eixo central e fío condutor das actividades será o Envellecemento, un concepto que articulará as conferencias e protagonizará a imaxe gráfica do certame. Nos tres días de duración, volverase poñer en valor a ciencia e a divulgación científica con actividades participativas, experimentos, científicos e científicas internacionais e unha madriña “de excepción”.
“A III Mostra de Ciencias na Rúa pon este ano de novo o foco en tres piares: o talento local, a visibilización da muller na ciencia e a procura de novas vocacións entre a mocidade” destacou o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destacando que “nun municipio coma o noso, que conta con empresas de peso internacional no ámbito da ciencia como Zendal, espertar vocacións na cativada é fundamental. Isto pode ser o seu futuro laboral pero, se pensamos no Porriño, é tamén o noso futuro coma vila industrial e tecnolóxica.”
Pola súa banda, a concelleira de Educación, Carolina González, sinalou o gran valor didáctico da cita xenerando curiosidade e pensamento crítico: “Queremos que a ciencia saia das aulas e dos laboratorios para inundar as rúas, demostrando que o coñecemento é accesible e fascinante para todos. O gran valor desta mostra é que une a experiencia de científicos que son referentes mundiais coa ilusión do noso alumnado, que leva meses traballando con moito esforzo nos seus proxectos para a Feira Científica.”
A madriña: Susana Fernández Moreira
Este ano a Madriña de Acienciacerta será Susana Fernández Moreira, Licenciada en Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela e porriñesa. “Leva acompañando en Matemáticas, Física e Química a sucesivas xeracións de porriñesas e porriñeses dende o ano 1983. O papel que representa na ciencia, ten sido fundamental para centos de alumnas e alumnos que, posteriormente, e grazas a esta “fontaneira” da educación (así se considera ela, por desatascar tapóns de dúbidas), puideron emprender carreiras científicas ou simplemente dar un salto cualitativo no seu curso, ou no seu expediente, grazas a un traballo rigoroso, perseverante e eficaz, no enfoque destas materias” aseguran dende a organización.
Programación:


