HomeNewsActualidadeA Audiencia Nacional imputa a Zapatero por organización criminal, tráfico de influencias...

A Audiencia Nacional imputa a Zapatero por organización criminal, tráfico de influencias e falsidade

O Xulgado Central de Instrución número 4 da Audiencia Nacional vén de citar como imputado ao expresidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero por organización criminal, tráfico de influencias e falsidade na causa que investiga supostos cobros de comisións ilegais no rescate da compañía aérea Plus Ultra. O investigado terá que declarar o vindeiro 2 de xuño.

Trátase da primeira vez que en democracia, un expresidente do Goberno é imputado pola xustiza.

En paralelo, Axentes da Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal (UDEF) da Policía Nacional rexistran este martes o despacho do expresidente do Goberno e as sedes de tres empresas, entre elas, a das súas fillas.

En concreto, os axentes examinan o despacho situado na rúa Ferraz, preto da sede do PSOE; e as empresas What the Fav, Softgestor e Intelixencia Prospectiva.

A causa está sendo dirixida, dende o pasado 3 de marzo, polo xuíz José Luis Calama, e investigan un posible delito de branqueo na aeroliña Plus Ultra, procedente de corrupción venezolana.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS