HomeNewsActualidadeUnha muller morre acoitelada polo seu fillo en Lugo tras unha crise...

Unha muller morre acoitelada polo seu fillo en Lugo tras unha crise psicótica

A Policía Nacional vén de deter en Lugo un home polo presunto acoitelamento da súa nai, que faleceu na UCI do Hospital Lucus Augusti a consecuencia de varias feridas graves. Segundo indican as fontes policiais, todo apunta a unha crise psicótica.

Os feitos tiveron lugar no domicilio familiar que compartían, concretamente na praza de Bretaña de Lugo. Segundo manifestan, o mozo atacou á muller cunha arma branca e posteriormente abandonou a vivenda deixandoa ferida. Os servizos de emerxencia foron alertados polo pai ante á súa chegada á vivenda momentos máis tarde.

Ata o lugar desprazáronse os axentes policias e servizos sanitarios, que trasladaron á vítima nunha ambulancia ao HULA, tras realizarlle os primeiros auxilios. Alí ingresou na Unidade de Coidados Intensivos en estado moi grave, e finalmente faleceu.

Tras coñecer os feitos, a Policía Nacional estableceu un dispositivo de búsqueda e captura do atacante, que foi detido na contorna da Estación de Autobuses de Lugo, e ingresado na unidade de psiquiatría do HULA.

Os axentes investigan agora as circunstancias do suceso e está decretado o segredo de sumario sobre a causa.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS