HomeNewsActualidadeO Concello de Salceda reúnese en Madrid co Secretario de Estado de...

O Concello de Salceda reúnese en Madrid co Secretario de Estado de Xuventude e Infancia

A alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, e a Concelleira de Benestar Social, Selene González, veñen de reunirse en Madrid con Rubén Pérez Correa, secretario de Estado do Ministerio de Juventud e Infancia, co obxectivo de trasladarlle as necesidades e proxectos do Concello en materia de xuventude.

A alcaldesa quixo trasladar ao Secretario de Estado os datos de Salceda, un dos Concellos coa media de idade máis baixa de Galicia, e o Concello con maior porcentaxe de persoas menores de 25 anos en toda a comunidade.

Loli Castiñeira informou tamén a Rubén Pérez sobre os diferentes servizos prestados polo Concello con fondos propios, destacando os servizos de nova creación como o gabinete de psicoloxía, ou os proxectos desenvolvidos por entidades como a Cruz Vermella ou a Fundación Esplay.

A implementación de novos servizos fai que xurda a necesidade de novos espazos, polo que a alcaldesa lle presentou ao Secretario de Estado o anteproxecto de reforma da antiga Cámara Agraria que o Concello lle adquiriru á Xunta de Galicia no 2017, e que se define como unha Casa da Mocidade que poida acoller estas e outras actividades.

Pola súa banda, Loli Castiñeira agradeceu a boa predisposición de Rubén Pérez, quen “estudará as posibilidades de colaboración” dende o Ministerio coas iniciativas presentadas na reunión.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS