O Concello de Arbo e a Xunta de Galicia veñen de asinar un convenio de colaboración co obxectivo de desenvolver actuacións de humanización na localidade ao amparo do Plan Hurbe.
O arco permitirá executar a humanización da rúa Vázquez Estévez, cunha inversión total de preto de 455.000 euros. Así, a Xunta financiará o 70% do presupuesto e asumirá a contratación e execución das obras; mentres que o Concello aportará o 30% restante e redactará o proxecto.
A obra constitúe a primeira fase da humanización da rúa Vázquez Estévez. O proxecto completo, que se executará por etapas, contempla a mellora de toda a vía ata a súa intersección coa PO-400, á altura de Taimende.
“Esta firma é resultado dun traballo conxunto e quero dar as gracias á Xunta de Galicia, e especialmente á conselleira María Jesús Martínez Allegue, pola súa sensibilidade coas demandas do noso municipio” asegurou o alcalde de Arbo, Horacio Gil, durante a firma do convenio.
Gil tamén subliñou o impacto positivo da inversión, xa que “para un Concello como este, contar co respaldo económico do Plan Hurbe é fundamental. Este convenio permite acometer unha obra ambiciosa que non só embeleze a nosa contorna, se non que renova servizos servizos básicos de saneamento e luz, mellorando directamente a calidade de vida dos veciños”.
Tal e como explicou a conselleira, María Jesús Martínez Allegue, durante a presentación do proxecto, a actuación “ten como finalidade acondicionar esta vía para convertela nun espazo máis cómodo para os desprazamentos a pé”.
As obras teñen un prazo estimado de execución de seis meses e consistirán na reordenación da rúa para gañar espazos peatonais, limitando o tráfico a residentes e vehículos de emerxencia.
A maiores, os traballos permitirán ampliar as beirarrúas, renovar o paviemtno, eliminar barreiras arquitectónicas e reforzar a seguridade vial. Tamén se delimitarán as zonas de aparcamento e se renovarán as redes de saneamento e abastecemento.

