HomeNewsActualidadeDous anos e 10 meses de cárcere para o matrimonio que encerrou...

Dous anos e 10 meses de cárcere para o matrimonio que encerrou aos fillos nunha casa en Oviedo

A Audiencia Provincial de Asturias vén de condear a dous anos e dez meses de cárcere aos pais que mantiveron encerrados aos seus tres fillos durante case tres anos e medio nunha casa situada preto de Oviedo.

A sentenza condena a cada un deles a dous anos e catro meses de cárcere por un delito de violencia psíquica habitual no ámbito familiar e a outros seis meses de prisión por delito de abandono á familia; pola contra, absolveos do delito de detención ilegal do que estaban acusados. Esta sentenza contraponse ao que pedía a Fiscalía, que se trataban dun total de 25 anos por proxenitor.

Do mesmo xeito, ambos proxenitores estarán inhabilitados durante tres anos e catro meses para axercer a patria potestade ou tutela, tempo durante o que tampouco poderán comunicarse cos menores. A maiores, en concepto de responsabilidade civil, deberán indemnizar a cada un deles con 30.000 euros.

Por outra banda, os nenos, dous xemelgos que teñen agora 9 anos e a súa irmá maior de 11, están baixo a tutela dos servizos sociais do Principado.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS